Tesouros de papel: Un máster na Rey Juan Carlos

Menudas sorpresas tráenos esta nova temporada o bo de Fran Martín, un dos membros da marabillosa familia de APEM. Tiña gardados uns segredos espectaculares, e este curso poderemos disfrutalos cada fin de semana en QPC. Son traballos moito máis perfeccionistas, sen a frescura e inmediatez daqueles feitos en apenas uns minutos canda toma o café. Son traballos feitos hai case 20 anos que Fran vén de sacar do caixón dos tesouros para que vexan a luz. Toda unha honra para QPC! Hoxe traemos un debuxo do 99 que non pode estar máis de actualidade, co enchufismo como deporte nacional do país.
 

Novas relacionadas

Olla outros “Tesouros de papel” de Fran Martín

 

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).