Unión Cidadá propón a todos os partidos asinar un manifesto reivindicativo pola Costa da Morte
Interesante a proposta do novo grupo político ceense Unión Cidadá. Unha proposta que atinxe a todas as forzas políticas da Costa da Morte que concurriron ás elección municipais de vai 4 anos (PP, PSOE e BNG) “para lograr un compromiso, antes da celebración dos mesmos, por parte de todos os alcaldables en prol do conxunto dos cidadáns da nosa comarca”.
A forma de facelo, sinalan, será “asinando un documento reivindicativo, na que todos os alcaldables comprometémonos ante todos os cidadáns”. Un documento que, dende logo, seria histórico, como vén lembra o voceiro Víctor Somoza, e que obrigaría ás forzas a esixir, unha vez no cargo, “unha serie de medidas indispensables, que se recollerán nese documento, para a supervivencia da nosa comarca”, e mais “a velar só e unicamente polos intereses dos veciños da Costa da Morte sen seguir os intereses de partido”.
Tal “documento reivindicativo” incluiría as seguintes demandas:
- A realización dun plan específico e concreto de desenrolo industrial e económico da Costa da Morte; porque o “plan revive a Costa da Morte”, é un plan xeralista que aplica as mesmas medidas que o “plan Ferrol”, “plan impulsa Lugo” e o “plan impulsa Ourense”, sen facer un estudo con senso das especificidades propias que existen na nosa comarca, que o fai moi ineficaz.
- A realización continuada da autovía da Costa da Morte; sen que exista ningún tipo de paralización ou reiniciación en función do calendario electoral.
- A iniciación de estudos e proxectos para a construción dunha liña férrea dende Coruña a Fisterra ou dende Santiago de Compostela a Fisterra cun ramal se é posible, nos dous caso, ao peirao de Brens, pois tal e como establece literalmente o “plan de zona da Costa da Morte e Rías Baixas do Norte”.
- A eliminación para os veciños que residan na Comarca, da peaxe da autoestrada Carballo-A Coruña ou subsidiariamente unha tarxeta que reduza o custo da peaxe aos mesmos.
- A mellor financiación dos Concellos da Costa da Morte; xa que temos unha maior dispersión da poboación, unha menor densidade de poboación, pola escasa inversión dende hai décadas, que está a producir, que mentres na provincia de A Coruña aumente a poboación no seu conxunto na nosa comarca descendera considerablemente máis dun 12%, polo cal é preciso maiores recursos a nivel municipal para poder desenrolar plans de actuacións de desenrolo, emprego e para poder prestar servizos sociais axeitados ás necesidades reais.
- Unha maior promoción turística da zona a nivel rexional, nacional e internacional.
- A introdución nos diferentes centros educativos da zona de ciclos formativos de alta demanda e pouca oferta, por parte da administración, para que os nosos xoves podan formarse na zona e ademais atraer á comarca a novos estudantes que dinamicen os concellos , e así derlles vida cultural e economicamente.
- A instalación de sedes institucionais de relevancia nos concellos da zona e a delegación de competencias a algunhas das institucións xa existentes ás cales se lles advocou algunhas das que xa tiñan.
- A incorporación no Hospital Virxe da Xunqueira das especialidades clínicas que non existen actualmente.
- Mellorar a rede eléctrica e a distribución da mesma na zona.
Todo esto se debatirá nunha reunión en Cee o vindeiro 18 de abril ás 17:00h da tarde.
Novas relacionadas
- Unha electoral e reivindicativa inauguración da tan necesaria Casa da Cultura de Cee.
- Unión Cidadá atribúese a idea do Centro de Día.
- Unión Cidadá: “Ninguén presentou nunca un proxecto tan claro como o noso. Imos pola maioría absoluta”.
Fonte
- Nota de prensa de Unión Cidadá.