Un vehículo caeu por un terraplén en Brens

O pasado venres pola noite, contra as 23:30h, un vehículo sufría unha saída de vía na Pontella, en Brens, Cee, e caía por un terraplén duns 5 metros. O condutos quedou atrapado, pero consciente. Os Bombeiros de Cee colaboraron co persoal sanitario na súa inmobilización e traslado ata ambulancia, para o seu posterior traslado o Hospital Virxe da Xunqueira.