Corcubión celebra este sábado o día da bici

Xa está todo preparado para unha nova edición do día da bici de Corcubión. O evento, organizado polo concello, será o próximo sábado - 1 de setembro - e arrancará ás 11:00 horas dende Corcubión. A ruta, duns doce quilómetros, discorrerá por varios puntos do municipio e está dirixida a toda a familia. O paseo rematará no Campo do Rollo onde haberá un circuito de habilidade en bici. Para participar é necesario anotarse previamente nas oficinas municipiais ou a través do número de teléfono 981 745 400 ate media hora antes da saída. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Corcubión