Farándula Velutina métese na final do Certame "Xuventude Crea"

Cartel da obra do grupo Farándula Velutina
Segue gañando premios o grupo de teatro corcubionés Farándula Velutina. Se a obra “Papiroflexia” xa levou dous premios, e este curso prevese tamén proveitoso xa que acaban de recibir unha boa nova.

A Secretaría de Política Social da Xunta de Galiza confirmaba esta semana que, por segundo ano consecutivo, o grupo está entre os finalistas no Certame "Xuventude Crea", coa obra "Animais de compañía”, tamén escrita polo mestre Fernando Castro Paredes. Unha peza que trata sobre a violencia de xénero, o amor aos animais e a liberdade individual.

A obra representarase en Santiago de Compostela, xunto coas outras cinco finalistas donde o xurado decidirá os gañadores. Será o 29 de outubro no Salón Teatro de Santiago de Compostela ás 20:00h.

Novas relacionadas