A Concellería de Deportes ven de sacar unhas actividades que se producirán este próximo Fin de Semana no Concello de Corcubión, O Venres 30 de Agosto no areal da praia de Quenxe terá lugar un Campionato de Futbol Praia en colaboración ca Escola de Futbol Base do mesmo Concello.
As categorías nas que se divide o torneo están formadas por Sub 14 é Categoría Absoluta.
As preinscripcións poderán facerse nas oficinas do Concello ou no Pavillón Polideportivo e tamén chamando ó 981745400/981746753, os equipos poderán anotarse ata o Xoves dia 29 de Agosto.
O Domingo 1 Setembro realizarase unha Ruta de Sendeirismo.
Comezará este sendeiro polas terras do Concello de Corcubión na praza de Castelao as 10:00 h subindo por camiños en dirección cara a o repetidor , logo de subir o monte voltarase por un sendeiro ata regresar ou nucleo do Vilar, atravesarase a estrada C-550 e se deixará atrás o albergue de San Roque para seguir por un camiño Xacobeo que os levará ata Amarela onde, despois de pasar por unha fonte, abandonarán a Ruta a Fisterra e meteranse a esquerda por unha corredoira entre campos e que vai buscando o mar, os principais atractivos do percorrido son as fermosas panorámicas do cabo Fisterra, as illas Lobeiras e o monte Pindo, chegaríase ao faro de 5ª orde, formado por unha construción cadrada e unha pequena torre de cantería. Este faro entrou en funcionamento a mediados do século XIX, logo se seguirá pola estrada ata o Castelo do Cardeal, dende alí subirán a Oliveira para continuar ata o Campo do Rollo.