Os veciños de Corcubión sufocan un incendio nunha casa abandonada

10 de outubro de 2016 (08:14 h.)

A casa da galería, unha das casas abandonadas máis apetecibles de Corcubión, segue esmorecendo sen remedio. Este domingo, a propiedade situada en plena Avda. da Constitución (o nº5) comezaba a arder por dentro arredor das 21:00h e tiñan que chegar os Bombeiros de Cee.
Ao chegaren, con dous vehículos, atoparon un colchón a medio apagar na rúa e con calor no interior nas vigas de madeira. Os veciños baleiráranlle uns extintores e os Bombeiros só tiveron que sufocalo e comprobar ca cámara térmica que non se poida reiniciar.

Fonte
- Bombeiros de Cee.