Tres feridos tras un accidente múltiple en Coristanco

Garda Civil de Trafico

Esta pasada tarde de martes 7 de xaneiro, arredor das 19:00h tivo lugar un accidente múltiple na estrada que une Carballo e Coristanco, á altura da parroquia de San Martiño de Oca. Catro turismos colisionaban, provocando que o 112 tivese que mobilizar aos profesionais sanitarios, dos Bombeiros de Bergantiños e dos membros do GES de Ponteceso e de Protección Civil da localidade.

Resultaron 3 persoas feridas, todos ocupantes dun mesmo vehículo, que tiveron que ser trasladados ao hospital de referencia.

Co fin de restablecer as condicións de seguridade na vía, ata o lugar do accidente acudiron tamén os axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local.