Os coles de Coristanco colaboran cos servizos sociais doando alimentos

Fermosa iniciativa solidaria dos colexios CPI Alcalde Xosé Pichel e CEIP Canosa-Rus, que veñen de facer unha doazón de alimentos para os Servizos Sociais do Concello de Coristanco. En coordinación con Protección Civil comezou coa distribución de 26 lotes de alimentación a familias en situación de vulnerabilidade, sempre atendendo ás medidas de distanciamento social imposto no Real Decreto que regula o estado de alarma cun reparto realizado de forma escalonada.