Coristanco ponse de rosa cunha Andaina Solidaria polo Día do Cancro de Mama

O vindeiro domingo 18 e outubro, o Concello de Coristanco organiza, en colaboración con AECC, Carrefour Coristanco, Facal Bus S.L. e Autos Fernández, a primeira Andaina Solidaria do Concello.

Este evento celebrase con motivo do Día Mundial do Cancro de Mama para concienciar á sociedade da importancia da investigación e o diagnóstico precoz desta doenza.

A saída efectuarase ás 9,30 fronte a praza do Concello, e será preciso a previa inscrición por teléfono (651.66.49.08) ou de forma presencial na Biblioteca Municipal. A saída será en grupos de 10 persoas.

Paralelamente, baixo o lema “Coristanco súmase ao rosa”, a Casa Consistorial alumeará a súa fachada en rosa a noite do 18 ao 19 de outubro.