Os futuros Guías do Medio Natural da EFA Fonteboa fórmanse formando

O alumno do EFA Fonteboa Xavier Pardo aprendéndolles apicultura no CICAPIS do centro ao alumnado bergantiñán

Fermosa experiencia e paso adiante o vivido este xoves polo alumnado de 2° curso do Ciclo Medio de FP de Guía no Medio Natural do Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa. Unha proposta formativa moi interesante, que permitirá que vaian saíndo fornadas de especialistas en actividades e natureza nunha comarca destinada a vivir do turismo.

A maioría xa fixeran algunhas prácticas co alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO do propio centro coristanqués, e mesmo xa fixeran alternancias en diversas empresas do sector. Así e todo era a primeira vez que se enfrontan a grupos externos doutros grupos escolares. 

Tiveron que lidiar, nada menos que cun centro de crianzas de 5º e 6º do CEIP A Cristina (Carballo), CEIP Milladoiro (Malpica), CEIP Joaquín Rodríguez (Buño) e do CEIP Bormoio (Agualada), nunha sesión que ademais lles servirá de avaliación.

Brais formando sobre mel

”Foi unha experiencia positiva para o alumnado do centro”, explica Alberto García Rodríguez, un dos mestres coordinadores da actividade, que apunta ademais que tamén “recibimos un bo feedback por parte dos centros escolares pola boa organización e a atención, así como polas actividades, que gustaron moito á rapazada”.

Guiados polos futuros monitores, puideron escalar no rocódromo, aprenderon a facer nós, xogaron ao datchball (un deporte inclusivo), realizaron diversas dinámicas lúdico deportivas… Tamén houbo tempo para aprender de apicultura no Cicapis (Centro de Investigación, Capacitación e promoción apícola que temos na EFA) e de horta, mergullándose no vivo invernadoiro do centro.

Unha gran xornada que demostra o perfil de ensinanza que ofrece o pioneiro EFA Fonteboa.

O mestre Juan Antonio ensinando o invernadoiro do EFA Fonteboa