Un domingo de bicis e helicópteros por Santa Comba

Curiosa combinación, pero foi satisfactoria. As 200 persoas que participaron no Día da Bici de Santa Comba disfrutaron dun completo domingo. Ademais de facer 30 fermosos quilóemtros ata a Praia Fluvial de Esmorode, tiveron unha interesante parada no camiño. En Fontecada pararon na Base de Helicopteros de Lomba onde os técnicos deron unha charla ós visitantes.

Xa na praia fluvial houbo comida campestre organizada polo Concello e agasallos doados por Motos Lopez, Deportes Alvite e Deportes Amarelle para os participantes. Entregouselle unha praca conmemorativa a Motos Lopez e ó Club Ciclista Santa Compaña.

Fonte

  • Concello de Santa Comba.