Un ferido tras sufrir un accidente en Santa Comba
02 de xaneiro de 2018 (17:50 h.)
Novo accidente de tráfico rexistrado esta mañá de martes 2 de xaneiro en Salgueiroas, Santa Comba. Un vehículo saíuse da vía e bateu contra un muro dunha vivenda. O condutor, que estaba liberado e accesible, necesitou asistencia médica por mor dunha dor no peito.
Unha vez recibida a alerta sobre as 9:30 horas, o persoal do 112 Galicia pediu a colabroación dos bombeiros de Santa Comba, así como aos profesionais sanitarios e forzas da orde.
Fonte
- Axega.