A Deputación lanzou por primeiro ano unha liña de axudas para a contratación en pequenas e medianas empresas
Un total de 224 empresas da pronvincia da Coruña obterán axudas para a contratación graza a liña PEL-Pemes do Plan de Emprego Local (PEL), da Deputación da Coruña. Así se publicou onte no Boletín Oficial da Provincia.
A través desta nova liña, dotada cun orzamento de preto de 3 millóns de euros para o exercicio 2017, a Deputación finaciará o 75% dos custes salariais totais, incluidas as cuotas á Seguridade Social, da persoa traballadora durante un período mínimo de un ano.
Trátase da primeira vez que a Deputación subvenciona directamente a creación de emprego no sector privado, a través dunha liña de axudas destinada a autónomos e pequenas e medianas empresas que teñan o seu domicilio fiscal en calquera dos 82 concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia. "Coa liña PEL-pemes pretendemos acadar un triple obxectivo: axudar á inserción laboral das persoas desempregadas, apoiar ás pemes coruñesas no crecemento e desenvolvemento do seu negocio e axudar a fixar poboación nos pequenos municipios rurais da provincia". Así o explicou o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, que expresou a "satisfacción" do goberno provincial coa "gran acollida" e os "bós resultados" que está a conseguir o Plan de Emprego Local no seu primeiro ano de vida.
Distribución por concellos e comarcas
Entre os concellos con maior número de solicitudes presentadas e admitidas destacan Ordes (11), As Pontes (11), Cee (9), Curtis (9), Mazaricos (9), Teo (7), Cabana de Bergantiños (6), Santa Comba (6), Zas (6), Ponteceso (5), A Baña (5), Boiro (5), Camariñas (5), Melide (5) e Sobrado (5).
Analizando os datos do número de solicitudes concedidas por comarcas, Compostela e o Interior coruñés serán as zonas que percibirán máis fondos da liña PEL-Pemes, concretamente 970.139,24 euros, que contribuirán á creación de 72 novos empregos. Séguena as comarcas de Bergantiños-Costa da Morte, con 619.411 euros para a creación de 47 empregos; A Coruña e As Mariñas, con 538.115,45 euros para inserción laboral de 39 persoas; Ferrolterra, Eume e Ortegal, con 474.617,61 eursos para a creación de 37 postos de traballo e Barbanza, onde o PEL-Pemes impulsará a creación de 29 novos empregos con 383.780,87 euros.
Atendendo ao tipo de negocio, a maioría dos beneficiarios (o 46,88%) son microempresas, empresas con menos de dez traballadores e cuxo volume de negocio anual non supera os dous millóns de euros. Dentro desta categoría, o empresariado indivdual (autónomos) supón o 29,45%.
Por sectores produtivos, a distribución é dun 16,97% para o sector primario, un 10,71% para o secundario e un 72,32% para o sector terciario. As empresas beneficiarias abranguen un amplo abano de actividades profesionais, destacando as vinculadas á agricultura e gandería, hostelaría e turismo e comercio minorista.
Solicitudes aceptadas dentro do programa PEL PEMES