Afiprodel, no seu 10 aniversario, aprenderá as iniciativas das Aldeias Históricas de Portugal

Imaxe aérea e nocturna de Monsanto-Portugal

No marco das celebracións do seu 10º aniversario, a Asociación de Finisterrae de Profesionais de Desenvolvemento Local Afiprodel programou, entre outras actividades, unha visita lúdica e formativa ao territorio de Aldeias Históricas de Portugal, ubicado na proximidade do río Douro e na frontera con España.

Segundo explicou a xerente da Asociación de promoción turística Aldeias Históricas, Dalila Dias, a primeira actuación remóntase a hai uns 20 anos, como política de desenvolvemento rexional baseada no patrimonio cultural e material de 12 núcleos con fortificacións e edificacións medievais.

Durante a visita tiveron a oportunidade de coñecer varias actividades moi interesantes, das que poderán sacar boa conclusións e exemplos que importar: - Aloxamentos de turismo dentro deses núcleos (A Casa dos Coros en Marialva e a Cisterna en Castelo Rodrigo) - Unha explotación gandeira de vacún de carne con partes de secano e de regadío, en Idanha A Nova, donde foron acompañadas do técnico de turismo do municipio, Ricardo Boga, e o enxeñeiro Arlindo Cardosa, en compañía do dono dos terreos. - Varios museos, un dedicado á emigración ás Américas e outro á tradición xudía, en Belmonte. - O proxecto Historias Criativas baseado na innovación a partir do emprendemento infantil. Fíxose unha recolleita de lendas a través dos rapaces, a partir do cal, se publicou un libro e despois se creou unha colección de monecos que se venden e crean emprego feminino. - O proxecto de Entrelaços, enfocado á innovación en materia de artesanía para darlle novos usos aos saberes tradicionais. - Fomento de produtos locais e cartas nos restaurantes que os usen, dentro da filosofía de km 0.

Dalila Dias amosouse moi interesada en vir a Galicia e compartir a súa experiencia.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • Afiprodel