Aquelarre de San Xoán no Verán ao natural de Senda Nova

Tralos 180km de corredoiras percorridos no programa Primavera en Ruta, a entidade conservacionista Senda Nova volve á carga co novo programa estival “Verán ao Natural”. Un programa de actividades que ten o obxectivo habitual, achegarnos ao noso entorno natural . Este verán vén máis festexeiro e contará cun Aquelarre, un encontro festivo, un roteiro nocturno e unha viaxe. O Aquelarre será no Monte Neme pola noite de San Xoán. O domingo 2 de xullo toca Comida campestre en Oza. O Roteiro Nocturno desenvolverase polo Pico de Meda, en Zas, os días 8 e 9 de xullo, con durmida. E a viaxe será a ver a Berrea, en Asturies, os 22, 23 e 24 de setembro.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com).
  • Senda Nova.