As chuvias de xaneiro permiten que todos os sistemas hídricos fiquen en estado de Prealerta

Os ríos están moito máis cheos de auga-Foto-Pablo Fariña Levamos tres meses de auga en Galicia, pero nada fóra do normal, pois son os dous meses, historicamente, máis chuviosos do ano. Polo que o problema da seca que levamos arrastrando durante os dous últimos anos, non dá desaparecido. Os encoros teñen acadado niveis normais e estables para esta época do ano, superando en 13 puntos o nivel que se rexistraba en 2016. Unha situación que permite certas medidas, como que varios sistemas hídricos pasen de Alerta a Prealerta. Así o anunciaba esta fin de semana a Oficina Técnica da Seca da Xunta, que iso si, mantén a Prealerta en todas as concas. Pero albiscan que no mes de febreiro se esperan máis borrascas, polo que en marzo se volverá a analizar a situación. Na Costa da Morte, así quedan en Prealerta todas os sistemas hídricos:

Sistemas que se manteñen en prealerta

  • Sistema 9, conca do río Grande e de todos os ríos máis pequenos que desembocan na ría de Camariñas e a costa de Laxe;
  • Sistema 10, conca do río Anllóns e dos ríos máis pequenos que desembocan na costa dos concellos de Ponteceso, Malpica e Carballo.

Sistemas que mudan a prelaerta

Os sistemas que estaban en situación de Alerta e que agora pasan a prealerta por seca, son os que se corresponden coa zona central (sistemas do 4 ao 8, ambos incluídos), onde os principais ríos que se atopan son o Tambre, Ulla, Umia, Xallas e Castro e en xeral as concas de todos os ríos que desembocan na costa comprendida desde O Grove ata Cee. Os Encoros
Encoro Ocupación 4 de decembro Ocupación 11 de decembro Ocupación 5 de febreiro
Fervenza 42% 44% 67%
Santa Uxía 30% 56% 60%
Total Galicia – Costa 42% 55% 69%

Novas relacionadas

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)