A Costa da Morte ponse de Carme

Chega o 15 de xullo e con el a festividade da Virxe do Carme. Se ben hai vilas, como Fisterra, que agardan ata setembro, a meirande da comarca celebra a patroa dos mariñeiros en pleno verán.

E fanno con verbena, e coas senlleiras procesións marítimas, un dos mellores tesouros etnográficos que conservamos na comarca.

Procesión Marítima do Carme de Corcubión-Foto-David Trillo

Probablemente, o meirande Carme destas datas é o de Camariñas. A saída da procesión marítima sairá o sábado 16 ás 12:00h, cunha gran traca de bombas (ollo cos fogos artificiais da 1:00h da madrugada).
Ademais, este ano a procesión terá unha visita especial. Cinco veleiros da vila irmán de La Turballe (no marco do Irmandamento que viven a vila encaixeira e a camariñá) uniranse ao percorrido pola ría ata Muxía, engalanados como as embarcacións camariñás.
A partir de aí, moito pasarrúas, sesión vermú e verbenas o 16 co Grupo Bomba e Orquestra Españoles e o 17 a Paris de Noia e Orquestra Acordes.

Veleiros de LaTurballe de viaxe xa cara Camariñas

As de Corme e Corcubión tamén son míticas, coas súas saídas o sábado ás 12:00h dos peiraos. E ollo co Carme de Muros, tamén con procesión (sábado ás 18:30h).

Tamén temos o Carme de Zas, con Cinema e CDC o día 15; Pontevedra e La Bamba o 16, e para o 17 Fusión e Dk Rokiño.
Ou o Carme do Briño en Borneiro para os luns 18 e martes 19 con actuacións como New York e Union e Fuerza.
O Carme de Moraime, con churrascada e moita música.

Para final de mes quedan as Festas do Carme de Louro (Muros) e de Carantoña, que volveremos repasar, pois aínda quedan polo medios as Festas do Apóstolo de Cereixo, Ameixenda, Pasarela-Calo...

O Carme de Leiloio, en Malpica