Estafas e outras razóns para pensalo dúas veces antes de empregar unha VPN de balde

As VPN son imprescindibles cando procuras privacidade e seguridade na internet. Con todo, debes manterte alerta ante provedores con mala reputación que, en lugar de protexer a túa información, expóñena a riscos innecesarios. Un exemplo diso son as VPN gratuítas, un motivo máis para monetizar os teus datos persoais sen consentimento. Neste artigo, exploramos as razóns que hai e por que debes pensalo dúas veces antes de instalar unha VPN de balde, así como as principais fraudes que axexan aos usuarios. 

5 estafas moi frecuentes ao usar servizos VPN 

Algunhas industrias (especialmente o sector sanitario) volvéronse branco dos ciberataques e a explotación de VPN, cun aumento do 47%. Isto fai preguntarnos: até que punto é seguro usar una VPN? Malia o que prometen, moitos servizos ofrecen o contrario. É dicir, non protexen a túa privacidade, senón que son a razón pola que rematas exposto a cibercarrachos e outros perigos. 

Venda de datos persoais a terceiros 

A maioría de usuarios confían nas VPN para manterse anónimos en liña, pero non todas as VPN cumpren con esta premisa. Algunhas recompilan datos e véndenos a anunciantes ou empresas de terceiros. 

  • Falta de transparencia: moitas VPN non informan sobre o tratamento dos datos.
  • Monetización: véndense datos de navegación a empresas publicitarias.
  • Exposición a ciberataques: os datos filtrados úsanse en campañas de phishing. 

Elixir un provedor fiábel é esencial para evitar que a túa privacidade quede comprometida.

Publicidade enganosa e promesas falsas 

Algunhas VPN aseguran ofrecer “anonimato total” ou “seguridade con tecnoloxía de primeira”, mais non cumpren as súas promesas. Non todas usan un cifrado forte nin garanten que a túa IP non será rastrexada. 

  • Falsas promesas de seguridade: non todas as VPN protexen contra fugas de IP e DNS. 
  • Cifrado deficiente: algúns servizos usan tecnoloxías obsoletas e vulnerables.
  • Esaxeracións publicitarias: promociónanse beneficios irreais para atraer clientes. É importante ler análises e publicacións expertas antes de confiar nun provedor de VPN. Fraudes de pago e cargos ocultos 

Evita as VPN que cobran tarifas ocultas ou obrigan a facer unha subscrición con renovación automática e sen aviso previo. Uns meses despois, os usuarios descobren que estiveron pagando por un servizo que nin sequera usaban. Fai o posible por usar métodos de pago seguros e monitorear as transaccións para evitar sorpresas desagradables. 

Distribución de malware a través de aplicacións VPN 

Algunhas VPN de balde inclúen software malicioso que rouba a túa información. Isto sucede sobre todo con apps fraudulentas que non están dispoñíbeis en tendas oficiais. Descarga só VPN en tendas verificadas. Haberá menos risco de infección do teu dispositivo. 

Servizos VPN gratuítos e os seus riscos ocultos 

As VPN gratis parecen un choio, pero moitas veces son un problema. Non só venden os teus datos, senón que moitas teñen un cifrado feble ou nin sequera cifran o tráfico correctamente. 

  • Cifrado débil: moitas VPN gratis non protexen adecuadamente os datos.
  • Anuncios: inclúense anuncios intrusivos dentro do tráfico de navegación.
  • Falta de soporte técnico: ninguén axuda en caso de problemas de conexión 

Investir nunha VPN de pago de confianza evita estes problemas e asegura a túa seguridade.

Como identificar e evitar estafas de VPN 

Antes de subscribirte a unha VPN, lembra estes consellos para non caer nun engano en liña: 

  • Verifica a política de privacidade: un provedor fiábel debería explicar que datos recompila e como os usa. 
  • Revisa a súa reputación: le análises en fontes fiábeis e auditorías independentes.
  • Evita ofertas sospeitosas: por exemplo, a típica frase de publicidade “VPN para sempre por só 5 euros”, porque adoita ser unha artimaña. Coidado con isto.
  • Descarga dende fontes seguras: usa tendas de aplicacións oficiais para evitar o malware. 

Identifica os principais problemas das VPN gratuítas

Usar unha VPN fraudulenta pode xerar graves problemas, como:

  • Exposición de datos persoais, que logo se venden a terceiros sen o teu consentimento. Isto compromete a túa privacidade e seguridade. 
  • Roubo de información bancaria, sobre todo se usas a VPN para abrir a túa conta de banco en liña. Algúns hackers poderían interceptar as túas credenciais. 
  • Infección por malware, o que pode derivar en secuestro de arquivos ou spyware. Un virus no teu dispositivo é capaz de causar danos irreversibles. 

Para que non teñas que padecer estes problemas, coñece as diferenzas entre unha VPN fiábel e outra fraudulenta: 

Característica 

  VPN fiábel 

VPN fraudulenta

Política de rexistros cero 

Si 

Non

Cifrado de calidade 

Si 

Non

Venda de datos do usuario

Non 

Si

 

Non todas as VPN son seguras. Algunhas protexen a túa privacidade, mentres que outras se aproveitan da túa confianza. Se decides usar unha, elixe un servizo con reputación e políticas de privacidade claras. Vai con moito tino, non deixes a túa seguridade en mans de calquera!