Novo e eterno retraso da VAC
10 de setembro de 2010 (15:23 h.)
Non, as obras da Autovía non comezarán antes do verán. Tampouco o farán en setembro. I é que haberá que repetir, unha vez máis, o proceso de adxudicación das obras da VAC no treito Carballo - Berdoias. O concurso de licitación das obras quedou anulado no Consello de hoxe co que a necesaria infraestrutura sufrirá un novo retras. Así o afirmou o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, que vemos na foto nunha visita a Cee o pasado mes de abril.
Trátase da 3ª licitación e veremos se a definitiva. Prevese que a nova lictación se dea antes de que remate este ano, e no segundo semestre do ano que vén inicio das obras. Eiso que hai un mes afirmaban que antes de rematar setembro estarían as obras adxudicada.
A Xunta afirma que a renuncia á celebración do contrato de concesión faise para realizar a "substitución o canon de demanda do actual prego polo canon de dispoñibilidade".
Novas datas previstas
Nova licitación | Decembro de 2010 |
Adxudicación | 2º trimestre 2011 |
Inicio das obras | 3º trimestre 2011 |
Remate das obras | Ano 2013 |