Fundábase hai apenas tres semanas e xa está en acción. O Círculo Feminista de Carballo convoca a toda a veciñanza a participar nunha concentración polos dereitos das traballadoras migrantes. O Círculo súmase ás concentracións convocadas en varias cidades españolas en solidaridade coa loita das traballadoras migrantes nos campos freseiros de Huelva, que denunciaron a explotación, as agresións sexuais e as pésimas condicións que viven nos seus postos de traballo.
A demostración realizarase ás 20:00h deste domingo 17 de xuño, diante do edificio do concello de Carballo, co afán de reclamar unhas condicións de
emprego dignas, sen escravitude laboral nin explotación sexual.