O GDR organiza un encontro para crear unha Marca de Calidade do Territorio Costa da Morte

O próximo sábado, 30 de xuño, celebrarase no auditorio de Baio o primeiro encontro sobre a Marca de Calidade do Territorio Costa da Morte organizado polo Grupo Desenvolvemento Rural - GDR - Costa da Morte e a ao que están convidados institucións e empresas da zonas. Na reunión debaterase o regulamento de dita marca, co obxectivo de incorporar as achegas de quen asista a reunión, de cara ao seu rexistro. Tamén se presentará a imaxe gráfica e o nome da marca na que a traballou o GDR. O encontro está aberto  todas s persoas interesadas e para participar é necesario confirmar asistencia no enderezo electrónico gdrcostadamorte@gdrcostadamorte.com ou no número de teléfono 981 71 73 58. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • GDR Costa da Morte