O taller formativo terá lugar hoxe ás 20 horas
A Unión de Consumidores de Galicia - UCGAL - deu comezo a unha serie de actividades formativas sobre consumo e aforro da electricidade que levará aos técnicos desta organización a visitar distintas localidades galegas durante os meses vindeiros meses.
Presimente hoxe, Carballo acollerá un destes talleres formativos sobre a subministración eléctrica. A actividade, na que colabora o concello, terá lugar no telecentro situado na primeira planta do pazo da Cultura, ás 20:00 horas.
A UCGAL, consciente da complicación que representa coñecer os mecanismos de funcionamento do sector eléctrico e en vista do progresivo aumento das reclamacións dos consumidores nesta materia; pretende formar á cidadanía no eido da subministración eléctrica para garantir os seus dereitos como consumidores e axudarlles a entender e aforrar na factura da electricidade. Nestes talleres, os asistentes poderán resolver as súas dúbidas sobre as distintas modalidades de contratación de electricidade, a substitución dos contadores analóxicos polos contadores dixitais, a potencia contratada e a nova tarifa da luz por horas que tanta confusión xera.
Estas actividades formativas, impartidas por técnicos da UCGAL e realizadas co patrocinio do Instituto Galego de Consumo (IGC); facilitaranlles aos consumidores e usuarios galegos unha mellor comprensión en materia de subministración eléctrica. O único requisito para participar é o de levar unha factura o día da actividade.
Eficiencia enerxética no Fórum
Este taller formativo coincide con outro que se está levando a cabo estes días no Fórum de Carballo sobre un temática similar; a eficiencia enerxética e no que participan unha vintena de persoas
O curso, organizado por segundo ano pola concellería de Promoción Económica, Formación e Emprego, rematará o 6 de novembro, unha vez se completen as 30 horas de formación previstas. Na iniciativa, que é de balde, participan alumnos e alumnas de perfís moi distintos.
Fonte