Por Cee repítense as concentracións cada mes. E por Carballo a loita faise en clave de debate. Foi a Agrupación Provincial do PSdeG-PSOE a que organizaba onte unha charla sobre “O futuro das pensións”. Un acto no maro do ciclo que percorre a provincia para analizar esta seria problemática.
O acto, celebrado no Fórum de Carballo, contou coa participación de Begoña Rodríguez Rumbo e Loli Toja Suárez, deputadas socialistas no Parlamento de Galicia, do coordinador dos servizos xurídicos de UGT, Pedro Blanco Lobeira, e do coordinador comarcal do PSdeG-PSOE en Bergantiños, José Antonio Viña Patiño.
A idea é clara: “Rajoy fundiu o Fondo de Reserva das pensións de máis de 66.000 millóns de euros que deixara o partido socialista, tendo agora o sistema de pensións un déficit de 17.737 millóns de euros. Para o PP as pensións son un gasto, non un dereito”.
A realidade sinala que os pensionistas galegos ingresan hoxe en día de media 789,70 euros mensuais, 144 € menos que a media estatal.
Un sistema de revaloración que empobrece aos nosos pensionistas, ao que hai que engadirlle decisións coomo o “copago farmaceútico, o decreto lei que eliminiu medicamentos do catálogo da Seguridade Social, o endurecemento das condicións para acceder á xubilación ou o índice de revaloración das pensións”.
Fan contas dende o PSdeG-PSOE, “con este sistema que non ten en conta o IPC e a inflación actual, unha persoa que se xubile hoxe en Galicia aos 67 anos cunha pensión de 1.000 euros, terá deixado de precibir 10.007 euros cando cumpra 75 anos e 37.543 € cando chegue aos 87 anos”.
Begoña Rodríguez e Loli Toja repasaron tamén algúns datos do sistema de pensións en Galicia, que conta na actualidade con 761.100 pensionistas ( o 28% da poboación total) e 984.884 cotizantes á Seguridade Social (o 36,37% da poboación), o que supón 1,29 cotizantes por cada pensionista galego.
Cadro da evolución da poboación en Bergantiños nos últimos anos