Os escolares, os primeiros protagonistas da Semana do Leite de Santa Comba

Visita dos alumnos do Barrié de la Maza á SAT "Os Agros" situada en Alvarín- Alón na Semana do Leite de Santa Comba
Máis de 300 escolares da provincia participarán nas visitas escolares da 1ª Semana do Leite de Santa Comba, que se celebra do 26 de febreiro ao 4 de marzo. A SAT "Os Agros" situada en Alvarín- Alón acollerá entre o 26 e o 28 de febreiro a nenos e nenas de 5 centros educativos de Educación infantil e primaria, e un instituto de Educación Secundaria, nunha interesante  iniciativa que une o sector gandeiro de Santa Comba e o educativo. Será a actividade que abra o programa que rematará coa sempre esperada polo sector, XVIII Poxa de Xovencas. Así, este luns son os alumnos do CEIP Barrié de la Maza de Santa Comba e do CEIP Pepe de Xan Baña de Traba- Castriz. Durante 2 turnos de mañá, o nenos poderán coñecer o proceso de cría, alimentación cuidados e producción láctea das vacas xalleiras. Coa idea de dar visibilidade ó grandísimo traballo que fan os gandeiros da Terra do Xallas, naceu esta iniciativa, que acercará a importancia do Leite e a súa producción ós máis pequenos. As visitas estarán guiadas por María Ramos, que contará coa colaboración de persoal e monitores municipais que acompañarán ós nenos, tanto na visita, como nunha acción audiovisual que amose a importancia na alimentación dos productos lácteos.
Os nenos do Barrié da Maza na granxa de Alón O martes será o turno para outro grupo do Colexio Barrié xalleiro, do CPI San Vicente da Baña e do Colexio Plurilingüe Nuestra Señora Inmaculada de Santa Comba, co que as visitas se alongarán ata a tarde. O mércores visitarán as instalacións da SAT Os Agros un grupo de alumnos do Colexio Quiroga Palacios de Santiago de Compostela, e os alumnos do Ciclo de Hostelería do IES Terra do Xallas de Santa Comba.
Programa da Semana do Leite de Santa Comba

Novas da Semana Gandeira

Máis novas relacionadas