Por un Nadal máis verde

Un dos principios básicos do consumo responsable é non gastar por gastar. Esta premisa tan básica, resulta difícil de aplicar, en épocas como a do nadal na que o derroche de cartos, enerxía e recursos é xa un hábito moi arraigado na sociedade actual.

Cabe por iso, sentarse a reflexionar sobre outra forma de celebrar o nadal con pequenos xestos que cos que o impacto ambiental é menos. Os amigos de ADEGA tráennos unha interesante Guía Por un Nádal máis verdes nos fogares, pero aquí van tamén unha serie de posibilidades:

 
  • Empregar materiais reusados para a decoración do nadal e utilizar luces de baixo consumo. Desta forma evitase espoliar o monte e darlle unha segunda vida a materiais que xa non son útiles. Un claro exemplo foi a árbore de nadal instalada en Lires pola ARCE Pedras Miúdas.
 
Cartel irónico de ADEGA
  • Consumir produtos locais e tempada sen grandes cantidades que logo acaben no lixo. Un menú de nadal tamén pode estar compostos por alimentos procedentes da cultura ecolócixa, da pesca artesanal e do comercio xusto. Desta forma, evitamos consumir aqueles productos que percorreron miles de quilómetros para chegar ás nosas mesas e que, normalmente, proceden de zonas arrasadas do bosque tropical. Un claro exemplo destes produtos son os ananás e os langostinos capturados mediante a técnica de arrastre.
 
  • Merca no comercio local e aproveita as campañas postas en marcha por distintas entidades da Costa da Morte nas que os comerciantes ofrecen descontos.
 
  • Agasalla produtos galegos e feitos en Galicia por pequeñas empresas de artesanía. Estarás así reducindo as emisións das multinacionais e investirás na economía local. En www.agasallo.eu tendes moitas posibilidades.
 
  • Se decides agasallar unha mascota, mellor que sexa en adopciónr ou que proceda dun refuxio de animais. E se prefires regalar unha pranta, que sexa autónona e non exótica que pode provir dun ecosistema en perigo de extinción.

Pero sobre todo, boas festas!

Fonte

  • Lorena Martínez Canosa (lorena@quepasanacosta.com).