Protección Civil de Santa Comba estrea vehículo

O alcalde e varios membros de Protección Civil de Santa Comba recolleron onte o novo coche de emerxencias O equipo de Protección Civil do concello de Santa Comba conta desde onte cun novo vehículo. Trátase dun todo terreo pick-up,  modelo Volkswagen Amarok T 2.0 TDI 180 de doble cabina con tracción ás catro rodas e equipado con ponte luminoso de led, sirena, lanternas de sinalización, cabestrante e gancho de remolque. O alcalde de Santa Comba, José Antonio Ucha Velo, xunto con varios membros de Protección Civil, desprazáronse ata as instalacións que a academia galega de Seguridade Pública ten na Estrada co fin recepcionar o novo coche de mans do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda. Ucha sinala a importancia desta dotación para incrementar a calidade do servizo ós veciños e veciñas de Santa Comba nas intervencións de emerxencias que se poidan producir. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
  • Concello de Santa Comba