Senda Nova busca voluntarios para un proxecto internacional

O programa desenvolverase entre os dias 15 e 22 de agosto en Eslovaquia Aínda sen rematar a sétima edición da Primavera en Ruta e xa están traballando no seguinte proxecto. Os activos membros da asociación ambiental Senda Nova selecciona mozos e mozas entre 17 e 21 anos de idade para un proxecto internacional en Eslovaquia. Segundo informa a entidade, o programa vai desenvolverase dende o 15 ata o 22 de agosto e os participantes terán os gastos de aloxamento e dietas cubertos así como a maior parte dos gastos en viaxes. Na selección, valorarase, entre outras cousas, o traballo voluntario sobre todo nas entidades da Costa da Morte. Os interesados en participar poden obter máis información na páxina de Facebook de Senda Nova, no correo electrónico sendanova@hotmail.com ou no móbil 617197591.   Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasancosta.com)
  • Senda Nova