Senda Nova inicia cunha proxección as xornadas de Interpretación dos Bosques

Coa entrada no mes de marzo, a asociación ecoloxista Senda Nova pon en marcha a décima edición das "Xornadas de Interpretación dos Bosques 2016" coas que persegue poñer en valor o bosque autóctono galego, tan amezado en toda a comunidade e, especialmente, na Costa da Morte. Por esta razón, estas xornadas inclúen actividades dirixidas a todos os públicos centrándose, especialmente, no traballo de sensibilización dos rapaces e rapazas da bisbarra. Butaca Verde Coa colaboración do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia - CEIDA - proxectaránse unha serie de documentais onde se tratan as diferentes problemáticas e amezas coas que se enfrentan os bosques autóctonos nas diferentes partes do mundo. Todos os documentais proxextaranse na biblioteca Rego da Balsa de Carballo e a entrada é de balde. Programación:
  • Martes, 1 de marzo, ás 21 horas: "Amazonía Carbonizada". Sinopse: Actualmente esta zona colócase no epicentro das negociacións internacionais que buscan un acordo global para atallar o cambio climático. A Amazonía enfróntase a outras feridas como a crueldade, o asesinato e a depredación da súa cultura indíxena e da súa biodiversidade.
  • Xoves, 10 de marzo ás 20 horas "Green". Sipnose:Green narra as consecuencias da deforestación en Indonesia a través dos ollos dunha femia de orangután que foi rescatada en condicións extremas. Este problema, ademais de producir grandes danos ambientais, está a causar a acelerada perda dunha das especies de primate máis cercana a nós, o orangután.
  • Martes, 15 de marzo ás 20 horas "Marcha atrás" de Ecoloxistas en Acción. Sipnose: Cada vez con maior frecuencia vemos vehículos 4x4 nas nosas rúas e carreteras. O todoterreo pasou de ser un vehículo para o traballo profesional no campo a un vehículo de uso diario, que se asocia a valores como a liberación, o estatus, o salvaxe, o poder ou a seguridade. Este documental analiza o noso modelo de transporte a través dos vehículos 4x4 e a cultura do motor.
Sendeirismo Para Senda Nova, o sendeirismo segue a ser unha ferramenta perfecta para o achegamento ao bosque autóctono máis cercano. Co compromiso de potenciar a contorna máis próximo e, neste caso, as manchas boscosas máis prezadas da comarca, organizan unha serie de camiñatas onde se interpretarán as diferentes especies arbóreas da zona de Bergantiños.
  • 6 de marzo, Camiños de Aldemunde. Esta é unha ruta que discorre polos concellos de Cerceda, Carballo e Tordoia. Cruza case por completo un dos bosques mellor conservados da zona: a Ribeira da Pena. É un territorio dunhas 80 hectáreas vertebrado polo río Abelleira que cae dende a meseta de Ordes á chaira de Bergantiños dun xeito saltarín. O espazo mantén unha altísima humidade e ten representadas multitude de prantas autóctonas como a silvarda, abeleira, castiñeiro, carballo, acivro, ameneiro... Nel ten acubillo a fauna máis representativa e incluso se teñen visto pegadas de xabarín, corzo, londra.... O roteiro completase cunha visita a un muíño en funcionamento, a un castro e ao dolmen da Pedra Moura.
  • 12 de marzo, Río Bardoso-Berbia. Esta xornada divídese en dúas partes. Ao longo da mañá visitarase o curso medio-alto do río Bardoso, ao seu paso pola parroquia de Montemaior (A Laracha). As marxes dos ríos poden ser un bó exemplo dun excelente patrimonio aínda ben conservado. Este é o caso do curso medio-alto do Bardoso. Ao patrimonio extrictamente arbóreo sumase o río. A estrutura fluvial en bó estado de conservación é a base dun dos ecosostemas máis interesantes para o estudo e conservación. Este tramo de río está excelentente conservado grazas ás actuacións recentes do cConcello da Laracha. As marxes manteñense limpas e en bó estado para disfrutar nunha época de ríos cheos de auga e son e de antigos muíños que nos transportan a tempos pasado de alta sociabilidade arredor deles. A tarde completase coa visita ao bosque da Berbia, na parroquia carballesa de Entrecruces. Tratase dunha fermosa mancha na que habitan moitas especies arbóreas autóctonas a pesares da cada ves maior introdución do eucalipto e a acacia. Tamén teñen importancia varias especies de fento, algunha delas sen apenas evolución dende a época dos dinosaurios.
Os interesados en participar nestas camiñatas, que son gratuitas, deben apuntarse antes do venres anterior a cada unha das saídas no número de teléfono 696155232 ou a través do correo electrónico sendanova@hotmail.com. Día da Árbore Como vén sendo habitual, celebrase o día da Árbore no casco urbano de Carballo ás 11 horas. Esta é unha actividade familiar que ten como obxectivo sensibilizar aos participantes da importancia das diferentes especies autóctonas.   Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Senda Nova