Unha abarrotada Poxa de Xovencas e a degustación dun tenreiro frisón completan unha gran Semana do Leite en Santa Comba

Exitosa Poxa de Xovencas en Santa Comba Fin de semana de prestixio para o sector gandeiro de Santa Comba. O Recinto Feiral xalleiro ateigouse de xente para recuperar a Poxa de Xovencas, que alcanzaba a súa 18ª edición, pero que non se celebraba desde o ano 2015. Tanto por público, como por implicación do sector como por volume de animais e negocio, está subasta pode considerarse un auténtico éxito, recuperando o esplendor de antano. Houbo transaccións por valor de 43.900 euros, cunha media de 2.438 euros, sendo a máis valorada " Megatina" da SAT A Campa de Curtis, que acadou un valor de 3.150 euros. Desfilaron na pasarela xalleira 20 exemplares, dos que se subastaron 18, ainda que os 2 que non foron á poxa tamén se venderon no propio recinto. A presenza da Conselleira de Medio Rural Ángeles Vázquez, que acompañou á alcaldesa de Santa Comba María Pose e á súa corporación, amosa a aposta autonómica porque Santa Comba se posicione ó frente do sector gandeiro galego. Tamén pasaron polo recinto xalleiro diversos alcaldes da provincia, coma os de Curtis A Baña ou Val do Dubra. A dirección técnica do evento correu a cargo de AFRICOR, agrupación que se amosou plenamente satisfeita tanto coa recuperación da Poxa como polo desenvolvemento da mesma.
A Conselleira a Poxa de Xovencas de Santa Comba coa alcaldesa

Degustación de Tenreiro ó espeto

A última gran aposta desta 1ª Semana do Leite de Santa Comba foi a de pechar as actividades cunha degustación de Tenreiro ó espeto, que gustou e moito ós más de 500 asistentes. Coa música dos Gaiteiros de Santa Comba de fondo, o chef vasco Karlos Ibarrondo e un equipo de estusiastas voluntarios, prepararon máis de 500 racións de Tenreiro,regado con viño do país e con postre lácteo. Desde as 3 da madrugada ata as 14:30 h do domingo, a carne foi collendo o punto perfecto para que os comensais a calificasen de "exquisita" ou " moi sabedora".
Degustacion de espeto en Santa Comba

Sábado de Xornadas de Saúde animal

A previa dos eventos dominicais foron unhas interesantes xornadas técnicas que tiveron lugar no Auditorio do Edificio multiusos e que congregaron a un bo número de gandeiros e profesionais da saúde animal. Desde a Consellería de Medio Rural, Javier Franqueira achegou a información de primeira man sobre as Axudas da PAC 2018; a Cooperativa Xallas, a través dun dos seus veterinarios , Pablo Santos, quixo aportar o seu punto de vista sobre o emprego responsable dos antibióticos na saúde do gando; e o Centro Veterinario do Xallas- CENVET, achegou 2 ponencias sobre a temática a través de prestixiosos profesionais dos laboratorios ELANCO (Juan Caínzos) e CEVA- Salud animal (Antonio Jiménez)

Novas da Semana Gandeira

Máis novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).