Xoan Bascuas promete a rebaixa da AG-55 e o remate da Autovía

O candidato á presidencia da Xunta por Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas, visitou Carballo onde participou nun reparto de trípticos informativos e fixo declaracións aos medios na praza do concello, acompañado polos candidatos Lito Vázquez e Manoli Rodríguez Pereiro.

Na súa comparecencia, Bascuas apostou por aproveitar “a situación xeoestratéxica” da capital de Bergantiños entre A Coruña, Santiago e a Costa da Morte, con distintas medidas de apoio aos emprendedores que se recollen no “plan de emprendemento para a mocidade” de Compromiso, así como a mellora das infraestruturas (rebaixa ou gratuidade da AG-55 e remate da autovía da Costa da Morte), dinamización dos polígonos industriais da bisbarra, apoio aos autónomos, ou a potenciación e mellora dos servizos sociais, xa que segundo lembrou o candidato galeguista “esta comarca é unha das máis avellentadas de Europa”.

Xoán Bascuas está convencido que aproveitando as potencialidades da zona e con un apoio firme da administración poderase fixar poboación en Bergantiños e na Costa da Morte.

Novas relacionadas

Fonte

  • CXG.