InicioMOV. SOCIAISA Xunta e as Deputacións ameazan aos Bombeiros: “A proposta de convenio...

A Xunta e as Deputacións ameazan aos Bombeiros: “A proposta de convenio non é viable”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Este mediodía de martes 31, previo de festivo, as 4 Deputacións e a Xunta de Galicia vén de enviar unha carta ás representacións sindicais dos catro Consorcios Provinciais do servizo contraincendios e salvamento. Unha carta crúa, na que deixan claro que “a proposta de convenio presentada pola representación sindical non é viable nin económica nin xuridicamente”.

As administracións, que queren resaltar a súa “vontade negociadora” e que aseguran ter “informes favorables”, ameazan aos traballladores de xeito claro: “a rotura unilateral dun acordo firme e negociado por unha das partes pode ter diversas consecuencias, como o incumprimento das obrigacións pactadas, e a posibilidade de interpoñer reclamacións legais ante os tribunais de xustiza”.

As administracións deixan claro o seu interese de “pór en marcha un proceso selectivo atendendo aos principios de publicidade, obxectividade e concurrencia, pois e caso contrario estaríase a vulnerar os mencionados principios constitucionais de acceso á función pública”. Así, invitan ás representacións sinficais “a que presente unha nova proposta de convenio viable para ambas as partes e que responda aos criterios aos que as administracións públicas se ven sometidas de acordo coa Lei de Orzamentos do Estado”, pedindo “un cambio no modelo de reunións de negociacións levadas ata agora”.

A visión dos traballadores

Dende as centrais sindicais que representan aos traballadores, por agora non queren facer valoracións a nivel oficial, se ben aseguran que “nos invitan a presentar unha proposta pero xa teñen unha nova proposta de convenio enriba da mesa”. Mentres, seguen esperando que fagan a Relación de Postos de Traballo, para que se apliquen os pluses de festividade, nocturnidade, turnicidade, perigosidade, toxicidade… unha das demandas das mobilizacións que levan realizando ao longo dos últimos meses.

”É unha vergonza que esteamos cobrando 1.200€ sen trienos, cando en todas partes cobran de 2.000 para arriba”, sinalan os traballadores. “Pero é máis grave as condicións nas que traballamos, e a mala xestión que están facendo, que nos obriga a traballar con só 3 persoas de garda, para cubrir zonas de poboacións de 150.000; mentres hai zonas que quedan desprotexidas polos peches inxustificados, cando nós o único que estamos facendo é non aceptar facer horas extras”.

Mobilizacions dos Bombeiros contra Xunta e Deputacions 2

Máis novas

Máis de 300 Bombeiros maniféstanse na Coruña ante unha enorme despregadura policial

ÚLTIMAS

Decretan emerxencia sanitaria en Cambre para contratar de forma urxente a limpeza en colexios

A alcaldesa de Cambre, María Pan Lesta, acaba de asinar un decreto co que...

Un estudo da UDC apela ao papel das novas tecnoloxías para garantir “transparencia” en catástrofes marítimas

Responsables do terceiro volume do Anuario de Estudos Marítimos, que edita o Instituto Universitario...

Aprobada unha moción no Concello da Coruña para revisar o convenio de 2004 sobre o futuro dos peiraos

O pleno da Coruña aprobou este xoves, por unanimidade, unha moción para a revisión...

Operación Ospyl: incautadas miles de agullas e tintas de tatuaxe de contrabando

A Garda Civil realizou unha inspección de 23 locais de tatuaxe, micropigmentación e piercing na provincia da Coruña...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here