A #AxendaCostadaMorte comeza o mes de marzo en clave gastronómica
Chega marzo e a primeira fin de semana vén marcada pola A XX Festa do Bolo do Pote de Mazaricos, unha festa tradicional que convirte a gastronomía en cultura.
Ademais, a #AxendaCostadaMorte trae tamén visita gandeira na Semana do Leite de Santa Comba, e vén salpicada por rock, monólogos, literatura e varias citas de corte infantil.
Parte costeiro de 4gotas.com
A neve xa pasou e non voltará á Costa nos vindeiros días. Pero aínda queda chuvia e chuvia por caer.
O prognóstico está moi cambiante, pero a chuvia o e vento estarán presentes durante gran parte da fin de semana. Hai que estar moi atentos á madrugada do domingo porque podería facer MOITO vento (aínda non é seguro), cunhas primeiras horas do domingo moi chuviosas. O mediodía do domingo e primeiras horas da tarde é posible que sexa o periodo máis largo sen chuvia e sen vento. No resto da finde pouca tregua haberá.
Non se pode detallar moito máis o prognóstico e seguramente aínda dé algunha volta máis... Haberá que estarmos atentos á 4gotas.com.
Citas singulares
- A XX Festa do Bolo do Pote de Mazaricos é a gran cita da fin de semana.
- Por Santa Comba celebran a Semana do Leite e o domingo terán a Poxa de Xovencas que rematará cunha degustación de asado Frisón.
- Fisterra acollerá na tarde-noite do venres a presentació dunha Antoloxía literaria da Costa da Morte.
- Venres Culturais de Carballo traen un tremendo festival RockCarballo paa a noite do venres.
- O Museo do Mar de Laxe acolle, no marco do programa Reláxese dúas catas de viño durante a tarde do venres e a mañá do sábado.
- O sábado comeza o ciclo de monólogos de Cee coa visita de Pedro Brandariz.
- As Tardes de Inverno en familia traen este sábado a Vimianzo a Trastenda dos contos de Caxoto.
- En clave infantil tamén teremos o Concerto de Paco Nogueiras na libraría Punto e Coma de Carballo.
- E tamén a Muros chega o espectáculo dos Tres Porquiños para a tarde sabatina.
- A noite vimiancesa do sábado tamén comeza a ter gracias co monólogo de Pepo Suevos.
- E para completar o sábado de Vimianzo, teremos un Concerto divertido de fusión no Celme Café.
- A fin de semana remata cunha Ruta do Bosque con senda nova polos Camiños de Aldemunde, en Laracha.
Exposicións
- Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas. Visitas guiadas gratuítas: sábado e domingo ás 12 e ás 19 horas.
- Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
- As Torres do Allo, en Zas, abre sábados e domingos e festivos (de 11 a 19 horas). Ademais, o pazo acolle unha mostra de pezas de Olería de Buño e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
- No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas todos os días de 10:30 a 14 e de 16 a 18:30 horas.
Máis información
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)