A Rede de Decrecemento de Galiza, Eo-Navia e Bierzo sobre a voráxine capitalista en Carballo

Unha vintena de persoas participaron este pasado sábado nun acto de presentación dos documentos que se debatirán no I Congreso da Rede de Decrecemento Galiza, Eo-Navia e Bierzo. Un proxecto que pretende reflexionar sobre o desenvolvemento esaxerado ao que nos leva esta vertixionosa sociedade de consumo.

Presentados polo carballés Víctor Lorenzo, o acto contou coa participación de Xoan Doldan, Profesor titular de economía Aplicada USC e Vice-presidente de Vespera de Nada; e Miguel Anxo Abraira, autónomo, político e activista social.

Foron 2 horas de reflexións pois a presentación dos palestrantes deu lugar a un animado debate no que se falou da educación dende o punto de vista decrecentista fronte a pespectiva autoritaria de dominación do sistema capitalista, o pulo dos fascismos en Europa, a posible solución tecnolóxica á escasea de recursos enerxéticos (tenoutopia dende o pinto de vista decrescentista), nomeadamente os fósiles (petróleo, carbón, gas natural...) e finalmente a renda básica.

Conceptos como autoxestión, eco-feminismo ou economía de proximidade están presentes neste movemento social, “nun momento no que os límites biofísicos do planeta e os recursos enerxeticos fósiles teñen acadado un punto crítico e precisan unha resposta Decrecentista fronte ó crecemento infinito que promove o capitalismo e que está a deixar patente o dano ó planeta en forma de cambio climático, esgotamento de pesquerías e colapso dos ecosistemas en xeral”.

Xoan Doldán e Miguel Anxo Abraira

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).