Interesante práctica de comunicación patrimonial para profesionais do turismo

Profesionais do eido turístico da zona (guías intérpretes, informadores turísticos, educadores ambientais e educadores en xeral), participaron este martes nun interesante Obradoiro de introdución á interpretación dos recursos patrimoniais costeiros desenvolto en Carballo. Unha xornada enmarcada dentro Programa Carballo é Mar, financiado con fondos europeos, e contaba coa colaboración do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), o GALP Costa da Morte, a Xunta de Galicia e o Fondo Europeo Marítimo e de Pesca da Unión Europea (FEMP).

Unha sesión que tiña por obxectivo ofrecer os coñecementos e as ferramentas básicas de interpretación dos recursos patrimoniais e culturais da costa para acadar unha comunicación eficaz. O curso foi impartido polo docente, Jorge Morales, máxima autoridade española de interpretación do patrimonio.

Entre os contidos analizaron os 3 puntos fortes que sustentan a interpretación: O recurso, os destinatarios e as técnicas. Falaron de metodoloxía da comunicación temática e remataron practicando varias mensaxes interpretativas directas (relevantes) e centradas nunha idea principal (un tema), como unha práctica con recursos patrimoniais do medio costeiro.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).