O Concello de Santa Comba: do Bando ao whatsapp
Aínda vemos o Bando municipal por centos de lugares e parroquias costeiros. E faise necesario, sen dúbida, dada a realidade demográfica da nosa bisbarra. Como se van enteirar se non os maiores do lugar de Freixeiro? Pero a sociedade costeira tamén ten a súa xente nova. E non só os novos utlizan as novas tecnoloxías. A día de hoxe, quen non usa o Facebook ou o whatsapp?
Nese sentido, notamos como cada vez hai máis concellos que utilizan as redes sociais para ofrecer todo tipo información aos seus conveciños. Un deles é o Concello de Santa comba, que ademais de usar a web www.santacomba.es e o Facebook con varias contas (a máis activa é a de Santa Comba Info+), está a utilizar o Whatsapp para manter á última aos veciños, convertíndose nun concello pioneiro e unha referencia utlizando a tecnoloxía na comunicación da información municipal na Costa da Morte.
Vídeos dos plenos, ofertas de emprego, información sobre axudas, anuncios de cursos, charlas ou eventos. Calquera cousa chegarache ao teu móbil se envías ao 673346855 unha mensaxe polo whastapp, despois de gardar o contacto como “Avisos Concello”. Xa case son medio millar de veciños apuntados a este megagrupo.
Non queda aí a cousa. O activo departamento Audiovisual e Multimedia e os seus hiperactivos técnicos, utilizan tamén a APP Santa Comba, dispoñible para teléfonos android.
En Santa Comba non se informa quen non quere estar informado.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).