Santa Compa abre ás portas ás Ledicias da arte

O alcalde de Santa Comba, Antonio Landeira, e a concelleira de cultura, María Pose inauguraron este mediodía no Museo Terra de Xallas a exposición do Premio internacional de Arte Gráfico Jesús Núñez, promovido pola Deputación e que se poderá visitar ata o vindeiro 29 de outubro en horario de 18,00 a 21,00h.

A actividade enmárcase dentro dos actos "Día da Biblioteca", que se celebra o vindeiro 24 de outubro. Despois do acto de inauguración, un grupo e nenos e nenas poideron disfrutar do espectáculo infantil "A maleta viaxeira" a cargo da compañía A Illa dos nenos. Dentro deste programa está previsto a actuación da Illa dos Nenos o vindeiro sábado 29 de novembro, na biblioteca municipal, a partires das 11,30. Nesta ocasión representarán o espectáculo "Ledicias”.

Xornada de emprendemento

Ademais, a Area de Desenvolvemenro Económica, TUrismo e Medio Ambiente da Xunta arma en Santa Comba unha “Xornada de Motivación para Emprender”. A cita será os días 23 e 24 de outubro, de 9:30h a 14:00 no Multiusos xalleiro, e xa se ponde inscribir de balde no 981 818 710 ou en formacion@santacomba.es.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Santa Comba.