En marcha a XXIX edición da Copa de Fútbol Deputación da Coruña, coa participación de 7 equipos costeiros, os que participaron o ano pasado na Preferente e na 1ª Galega.
Deixámosvos os cadros das primeiras roldas nas que se enfrontarán Dumbría e Outes na previa o vindeiro mércores 26, para ver quen se mide ao Xallas na segunda rolda, onde tamén competirán o Sporting Zas contra o Soneira e o Fisterra contra o Sofán.
Aí queda o cadro do noso lado, pero ollo aos premios: Fixo por participar:
Fixo por participar:
2.000 € a cada un dos 3 equipos de 2ª División B
1.500 € a cada un dos 9 equipos de Terceira División.
800 € a cada un dos 12 equipos de Preferente.
500 € a cada un dos 31 equipos de Primeira Autonómica.
Eliminatoria previa:
800 € a cada un dos 3 equipos gañadores.
400 € a cada un dos 3 equipos perdedores.
Primeira eliminatoria:
800 € a cada un dos 20 equipos gañadores.
400 € a cada un dos 20 equipos perdedores.
Dezaseisavos:
1.200 € a cada un dos 16 equipos gañadores.
600€ a cada un dos 16 equipos perdedores.
Oitavos de final:
1.500€ a cada un dos 8 equipos gañadores.
900€ a cada un dos 8 equipos perdedores.
Cuartos de final:
2.000 € a cada un dos 4 equipos gañadores.
1.500 € a cada un dos 4 equipos que resulten perdedores.
Semifinais:
2.400 € a cada un dos 2 equipos gañadores que se clasifiquen para a final.
1.900 € a cada un dos 2 equipos que resulten perdedores.
Final:
8.000€ ao equipo que resulte campión.
4.000€ ao equipo que resulte subcampión.