A directiva do Baíñas ponse a traballar ante a dimisión de Juan Silva

Juan Silva con Fran Hermida nunha das Galas do Fútbol da Costa

Este pasado mércores pola noite, Juan Silva, fundador e presidente do C.D. Baíñas presentaba a súa dimisión. Facíao con esta carta, despois de criticar unha e outra vez as actuacións arbitrais, dende o campo e dende as redes sociais, deixando unha imaxe do club que non beneficiaba a ninguén:

Tócalle agora remar á actual directiva. A pasada noite de xoves mantiña unha reunión para analizar o futuro. En principio, non se vai escoller novo presidente e se intentará rematar a tempada e aí, facer unha asemblea, facer contas, ver en que categoría queda o equipo, e facer contas. Porque precisamente as contas será un dos problemas máis importantes, xa que Juan Silva, ademais de aportar o seu grao de area, era o encargado, e o facía de luxo, de conseguir cartos.

Un dos problemas é o aspecto deportivo. A pesar de ter un plantel para estar na zona media-alta, o equipo dirixido por Tasky pecha a clasificación tras 5 xornadas sen gañar. Un par de vitorias poderían cambiar completamente o rumbo do equipo, como recoñece o propio míster.

Tócalle agora aos Sergio de Quintáns, Víctor Muíño, David e Tito, con xente como Chambón ou Caldereiro que meten unha man, remar para que o barco non vaia a pique, ou para que a montaña non se desprenda.

”Pode desaparecer o equipo?”, preguntámoslle a Tasky. “Pode pasar, pero sinceiramente penso que non. Esta directiva non quere deixar morrer o equipo, pero seguro que haberá que facer contas e analizar o futuro”.

Novas relacionadas