Espectacular encontro entre o Zas e o San Lorenzo, con remontada dun aspirante a campión que recuperou sensacións; na Primeira, día redondo para o Soneira, vitorioso no derbi co Malpica
Imaxe do polémico Zas-San Lorenzo. Foto de Alejandro Mel
Semella o epicentro das sensacións fortes o campo de San Andrés de Zas, onde o ano pasado atrevesouse por tódolos estados de ánimo posibles, e que de novo foi testemuña dun encontro grande. Esta vez eran os aspirantes Sporting e San Lorenzo, que se alternaron en xogo, goles e euforia, para que finalmente a sorte sorrira aos locais. Non faltou a polémica arbitral. Foi o foco de atención obxectiva, que non sentimental, dunha xornada que tamén deixou a victoria do Fisterra no derbi histórico fronte ao Unión Club Cee. A sensación que deixou o partido foi de máis nome, cartel e paixón que fútbol, aínda que sería inxusto xulgar, debido ao terrible vento en San Paio de Refoxos. De feito, as internadas pola banda de 'Eolo' pode dicirse que foron o futbolista máis determinante do choque. O resto da xornada na Liga da Costa confirma a tendencia preocupante para Porteño, Cabana e Carnota, así como a silenciosa machada que está a compretar un Mazaricos que provocou a primeira derrota de Manolo Corredoira como adestrador do Baíñas.
Moveuse en distancias mínimas a Preferente Autonómica, onde o Xallas tiña que ganar e ganou. O Val pasa por ser o rival máis asequible de toda a categoría, e xa servira para que o Dumbría celebrase o primeiro triunfo do ano. Os de Santa Comba foron superiores, pero o medo ao erro condenatorio marcou un partido que debe servir para confirmar as boas sensacións que viña deixando o equipo. Pola súa banda, o Dumbría sabía da dificultade da saída a Lemos, e confirmouno cunha derrota. É de menos de medio gol por partido o promedio anotador para os de José López Canosa.
Deixou a 1ª Autonómica un positivísimo sabor de boca para os equipos da Costa. No Municipal de Vimianzo, a ledicia para o Soneira foi dobre. O cómodo triunfo no derbi contra un Malpica con mellor faciana que últimamente estivo aderezado ademáis pola derrota dun rival directo coma o Unión. Os rianxeiros caeron en Sofán ante un enorme conxunto local, que nunca deixou os espazos que busca os do Barbanza. Resucitou tamén o Corme, aínda que fóra a costa do Baio, alonxado da versión das dúas semanas anteriores. A mala nova da xornada foi a derrota do Outes na casa, que racha coa xeira dos de Roque.
E unha vez máis a Terceira rachou 'quinielas'. Un Louro que viña de avasallar ao Corcubión deixouse tres puntos na visita ao Seaia, mentres que Corcubiión e Laxe recuperaron as mellores sensacións.
O pleno chegou para os equipos da Costa nas máis altas categorías de base, onde tanto o Dumbría Xuvenil (2-0 ao Estrada) coma o necesitado Cadete de División de Honra (1-0 co Racing de Ferrol) sacaron tres puntos fundamentais.
Xa nas Ligas comarcais, na Liga Sur de Xuvenís, xa están clasificados o Xallas, que celebrou o título de campión da primeira fase, Cee e Louro para a liguilla de campións, ao igual que o Cabana no Norte, onde xa é campión o Ponteceso. O Baio ten un pé pero Coristanco e Corme aínda teñen opcións.
As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.