A familia do Ponteceso chora o pasamento do pequeno Brais

Brais, o segundo pola dereita na fila de abaixo, sorrindo coma sempre cos seus compañeiros das EDM Ponteceso prebenxamín nun torneo en Corme
Brais non puido estar cos seus compañeiros o ano pasado no torneo de Malpica. Os seus compañeros botarán en falta a súa alegría e compañeirismo

Tiña só 8 anos, pero unha longa enfermidade acabou coa súa vida. O pequeno Brais García falecía esta pasada fin de semana deixando un profundo pesar na familia da SD Ponteceso, onde o pequeno competía dende hai 3 anos en fútbol sala e no fútbol 8 das Escolas Municipais. Ademais, o seu pai é xogador dos Veteranos do Ponteceso, e o pequeno sempre acodía a ver os partidos, sendo un deses nenos que se fai querer por todo o mundo. Todos o recordarán polo seu contaxioso sorriso.

Todo o Fútbol costeiro envía un forte ánimo á súa familia.

 

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).