As cadetes do Volei Dumbría sucumben no tie-break ante o Zalaeta
Non houbo sorte. O único partido disputado esta fin de semana polo volei costeiro deparou unha derrota das cadetes do Voleibol Dumbría por 3-2 na Coruña ante Zalaeta.
Foi un partido moi competido que puido ter caído de calquera lado. As dumbriesas comezaron perdendo o primeirp set con claridade, pero reaccionaron no segundo set apretando no servizo onde destacou Marta Cespón facendo moitos puntos directos.
No terceiro volveron apretar os da cidade herculina para volver a empatar os da Costa no cuarto set.
No decisivo quinto set despois de recibir un parcial de 9-2 foron capaces de remontar e dispoñer dunha bola de partido co 13-14 e ter o saque. Erros neses momentos tensos levaron o resultado final e deixaron a victoria na casa dos de Zalaeta
Vindeira cita
Este domingo 25 volven todos os equipos da comarca a xogar en Dumbría co seguinte horario:
- 10:00h - 2º División Cadete femenina: Voleibol Dumbría - Burgas.
- 10:00h - 1º División Cadete masculino: Voleibol Dumbría - Burgas.
- 11:30h - 2º División Cadete femenina: Voleibol Dumbría - Bruxas.
- 11:30h - 1º División Xuvenil masculino: Voleibol Dumbría - Burgas.
- 13:00h - 1º División Infantil masculino: Manuela Rial - Burgas.
- 13:00h - 1º División Senior masculino: Voleibol Dumbría - Burgas.
Novas relacionadas
- Só os infantís arrincan a tempada con vitoria da familia do Volei Dumbría.
- 6 equipos do Volei Dumbría volven a competición.
Fonte
- Volei Dumbría.