Baio, Malpica e Mazaricos despediron o ano gozando da diversión das súas San Silvestres
02 de xaneiro de 2017 (20:15 h.)
Baio, Malpica e Mazaricos viviron este pasado día 31 unha cita moi especial. Para despedir o ano, que mellor que unha simpática carreira San Silvestre.
Xa van 9 anos nos que a A.D. Su A Agra celebra esta divertida carreira. Desta volta foron 75 os participantes, perfectamente ataviados, os que disfrutaron do último esforzo do ano, que serviu para facer oco á cea.
Repetiu como gañador o laxense Martín Regueira, por diante do santiagués Amador Pena e o coristanqués Juan Collazo. Gonzalo Silva (Santa Comba), Pablo Mira (Baio), Miguel Rey (Zas), Asier Vázquez (Camariñas) e David Romero (Vimianzo) estiveron entre os primeiros, sendo a Vicky Fernández (Vimianzo) e Claudia Santos (A Piroga-Vimianzo) as primeiras mulleres. Dos pequenos, Naim Calvo foi o campión.
Así foi a chegada:
Foto Finish da San Silvestre de Baio-Foto-Jorge Mira
O mesmo 31 Malpica vestiuse de entroido. A San Silvestre Malpicana organizada pola A.C.Malante, coa colaboración do Concello, para despedir o ano facendo deporte dunha maneira moi, moi divertida. Non faltou ninguén, e ata o noso concelleiro de Deportes, Iago Espasandín Varela, saíu a correr disfrazado, como mandaban as normas, entre os case 300 disfrazados.
186 participantes encheron de cor a Picota para celebra a I Carreira de San Silvestre de Mazaricos. Dende os máis pequenos ata os máis maiores gozaron da proba e das verbas de alento dos numerosos espectadores.
Se ben nestas probas os resultados son o de menos, foi Agapito Vaamonde o campión absoluto, por diante de Adrián Rojo e Arturo Ramos. Pola súa banda, ninguén mellor que a campiona local Rocío Alvite para alzarse co título feminino por diante da vimiancesa Teresa Castro e de Paula Trillo./p>
Entre os pequenos, Uxía Lema, Carme Suárez e Lucía Rey coparon o podio de rapazas, mentres Miguén Quintáns, Carlos Costa e Pablo Costa fixeron o propio co de chicos.
Para rematar a cita e despedir o 2016, celebrouse na Praza da Feira da Picota, na meta, o Brinde Leiteiro xa tivo un rotundo éxito o ano pasado. Este ano foron os atletas os que ergueron o leite mazaricá para brindar por unha feliz, e divertida, entrada de ano.
Así foi o Brinde Leiteiro en Mazaricos
IX Milla de Baio
De entroido en Malpica
Inmellorable estrea en Mazaricos
Novas relacionadas
- 2014: Batman, papás noel, aviadores, animais, e selfies na San Silvestre de Baio.
- 2012: A San Silvestre disfrazada de Baio.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).