Camariñas e Malpica acollen as citas futboleiras da Semana Santa

Esta Semana Santa hai parón para a maioría das competicións futboleiras. Con excepcións, pois por exemplo este será un xoves santo con Copa da Costa Xuvenil.

Pero iso non quere que parece a actividade futboleira. Camariñas e Malpica, como vén sendo habitual nos últimos anos, convírtense nas capitais do fñutbol costeiro. A vila do Encaixe acolle un torneo local dos maiores, mentres Malpica concentrará ao fútbol base.

III Torneo de Fútbol Base de Malpica

Foto de Criss Becerra do partido do ano pasado

Os próximos días 13 e 14 de abril, en plena Semana Santa, un total de 32 equipos repartidos en catro categorías (prebenjamín, benjamín, alevín e infantil), daranse cita no campo de Xaviña (Buño) para disputar o III Torneo de Fútbol Base Concello de Malpica. Uns 400 nenos de entre 6 e 14 anos converterán á vila oleira na capital costera do fútbol base.

A actividade futbolística dará comezo en Xaviña, en Buño, onde ademais poden visitar o EcoMuseo do Forno do Forte, ás 10.00 da mañá do Xoves Santo,. Ademais, a organización do Asociación Cultural e Deportiva de Buño e a Asociación Deportiva Vidú contan co Vitoria CF feminino.

 

Torneo do Encaixe de Camariñas

O venres 14 de abril será o día do Torneo Mostra de Encaixe. O Hermanas Patiño acollerá unha tarde de gran fútbol costeiro, cun interesante cuadrangular a media parte. O Camariñas-Muxía abrirá a xornada ás 16:30. Unha hora despois terá lugar o Baio-Sofán, e os dous que gañen disputarán unha fantástica final.

 

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).