Deporte e Saúde con DáFIT: Moderación e sentido común neste Nadal

Estamos ante unhas datas nas que, quen máis e quen menos realiza o seguinte ritual (sempre arredor dunha mesa): Comezando coas ceas de empresa, reunións entre amigas e amigos, cea de Noiteboa, comida de Nadal, cea de Noitevella, comida de Ano novo e rematando co roscón de Reis. Un maratón gastronómico acompañado de copiosas e opíparas comidas e ceas, onde soemos cargarnos as dixestións de meses pasados.

Cada unha destas citas supón un consumo de gran cantidade de alimentos (polo xeral cunha gran carga de graxas) e bebidas, o que implica unha inxesta de enerxía moi por arriba das nosas necesidades. Dado que a capacidade do organismo para metabolizar alimentos ten un límite, para poder dixerir todos os alimentos que tomamos nestas suculentas comidas, precisa empregar máis tempo que de costume, e na maioría das ocasións a dixestión faise con maior dificultade.

Os excesos culinarios soen traer consigo pesadez de estómago (enlentecemento do baleirado gástrico), hinchazón e sensación de malestar xeral.  O tipo de alimentos, as combinacións entre eles, o momento do día no que son consumidos e ate a orde no que se comen van a influír no proceso dixestivo. Así como a carga de bebidas alcohólicas e carbonatadas.

Para comezar a mimar o sistema dixestivo presentamos una serie de básicos consellos, que parten do sentido común,  para que poñades en práctica e poder soportar estes días de bonanza do mellor xeito.

  • Non renuncies a nada, pero modera o tamaño das racións. Ditos menús soen compoñerse dunha longa lista de pratos: aperitivos, canapés, entrantes, pratos, sobremesa..
  • Come amodo e mastiga ben,  o primeiro paso da dixestión iniciase na mastigación, así que disfruta de cada bocado evitando a entrada de gases.
  • Tenta reducir o consumo de alimentos graxos, por exemplo limitando as salsas que sexan elaboradas con exceso de aceite, nata, xemas ou queixos. Os lácteos ou os alimentos moi picantes ou especiados tamén poden provocar dixestións pesadas.
  • Aumenta o consumo de verduras, xa que o aporte de fibra favorecerá a evacuación intestinal. Opta por guarnicións máis verdes para acompañar os pratos principais, peixe, carnes, mariscos, aves, etc.
  • Na sobremesa, poderiamos dicir gozade! Aínda que o máis dixestivo sería unha infusión. A boa alternativa ós doces do Nadal industriais, sería elaboralos na casa: Biscoito, flan, sorbetes, carpaccio de froitas, iogur, etc. No referente á froita opta pola piña, xa que toda a froita soe ser dixestiva e como tentempé cumpre  a súa función, pero un exceso de fructosa tamén retardará a dixestión.
  • Evita os clásicos “Dixestivos etílicos”. Dende o grupo de Nutrición da Sociedade Española de Endocrinoloxía e Nutrición (SEEN), Irene Bretón sinala que o alcohol pode alterar os movementos do esófago  e a presión do cardias (válvula ou esfínter que comunica o esófago co estómago) favorecendo o refluxo, pode danar a barreira gástrica retrasando o baleirado do estómago. Polo que, na súa xusta medida non ten porqué supoñer un problema, pero rematar as comidas con licor de herbas ou pacharán, é máis cultural que dixestivo.
  • Actívate! Calquera actividade físico- deportiva non só axudará a equilibrar a inxesta de enerxía, senón que ademais aliviará a sensación de pesadez, mellorará o estrinximento, a acidez e a eliminación de gases.
  • Para recuperar, volta á distribución da alimentación en 5 ou máis comidas ó día. Pese a que a cea anterior, fose moi abundante non te saltes o almorzo, xa que regularás o apetito, do contrario chegarás con máis ansiedade á seguinte comida e comerás máis.

Boas festas a todas e a todos, e lembra que si queres triunfar no Nadal e Reis, regala DaFit!

  • Artigo realizado por Paula Martínez, de DaFIT.
 

Sesións con Dafit

Máis información

Fonte

  • Enlace patrocinado.