Donato e Héctor Pose presentarán o libro biográfico en Malpica

Este vindeiro venres 8 de xullo Donato estará en Malpica. Trala presentación da Coruña, Héctor Pose presenta o seu libro sobre a biografía do xogador hispano-brasileiro na vila malpicá. A cita, 8 de xullo ás 20:00h na Taberna de Lesto, no porto malpicán, contará coa presencia dos dous protagonistas, autor e xogador, e permitirá viaxar ata o pasado branquiazul máis glorioso.

Así foi a presentación na Coruña

   

Novas relacionadas

Artigos de Héctor Pose do libro “Mar de Paixón”

Artigos relacionados sobre a historia do Fútbol da Costa

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).