Dúas vitorias das categorías base do Volei Dumbría ante San Sadurniño

Dobre xornada do Volei Dumbría esta fin de semana en terras ferrolás. E dobre visita para os cadetes e os xuvenís.

Cadete masculino

  • San Sadurniño - Volei Dumbría (0-3) (17-25/18-25/12-25)
Vitoria con facilidade dos cadetes do Voleibol Dumbría, un partido que se decidiu pola mellor calidade sobre todo na rede dos da Costa.  

Xuvenil masculino

  • San Sadurniño - Volei Dumbría (1-3) (20-25/23-25/25-19/22-25)
Máis sufrida foi a vitoria dos xuvenís que pese a ter superioridade en moitos aspectos de xogo non conseguían traducilo no marcador sobre todo por fallar moito no remate. Finalmente, pese a perder un set acadaron a vitoria do encontro.  

Vindeira xornada

Esta fin de semana xóganse os seguintes partidos: Sábado 7 de novembro:
  • 10:00h Cadete femenino: Teis C - Voleibol Dumbría.
  • 10:30h Cadete masculino: CV-Vigo - Voleibol Dumbría.
  • 12:00h Xuvenil masculino: CV-Vigo - Voleibol Dumbría.
Domingo 8 de novembro:
  • 11:00h Cadete femenino: Voleibol Dumbría - Voleibol Lugo.
  • 11:00h Cadete masculino: Voleibol Dumbría - Narón Volea.

Novas relacionadas

Fonte

  • Volei Dumbría.