Os técnicos deportivos de Dumbría e Cee con Ferroatlantica
Un novo paso adiante do Circuito de Carreiras Populares "Correndo pola Costa da Morte", xa que o aspecto económico é sempre fundamental para que saian ben estas iniciativas. Ferroatlántica subscribiu un acordo de colaboración co Club Deportivo Costa da Morte, por medio do cal contribúe á mellora dos servizos do "III Circuíto de Carreiras Populares Correndo Pola Costa da Morte".
Esta iniciativa, que ten o obxectivo de fomentar a práctica da actividade física e deportiva como medio para alcanzar unha vida máis saudable, está promovida e organizada polos concellos de Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas. Trátase así do único circuíto galego no que participa máis dun concello.
Para Carlos Oliete, director da zona Noroeste de Ferroatlántica, "a promoción do deporte é un dos alicerces nos que se basea a nosa política de responsabilidade social. Por este motivo, non podiamos deixar de apoiar unha iniciativa desta magnitude, na que se uniron tantos esforzos e ilusións por un obxectivo común".
Calendario das próximas carreiras
28 de maio: II Carreira Pedestre de Dumbría
4 de xuño: III Carreira Pedestre Concello de Zas
25 de xuño: III Carreira Pedestre Concello de Cee
10 de xullo: III Carreira Pedestre Concello de muxía
30 de xullo: I Carreira Pedestre Concello de Mazaricos
21 de agosto: XXV Carreira dás Areas Concello de Carnota
17 de setembro: XV Carreira Vila de Corcubión
16 de outubro: III Carreira Pedestre Concello de Fisterra