Fin de semana de vitorias, derrotas e desculpas para o baloncesto costeiro

Fin de semana cun pouco de todo no baloncesto costeiro. Cara e cruz para os equipos do ACB Costa da Morte nesta fin de semana, o pleno de vitorias na xornada do sábado tivo o contrapunto do pleno de derrotas na do domingo.

Mentres, por Carballo, os Junior do Artai sufriron unha dolorosa derrota, mentres na familia do Basket Xiria destaca a carta de desculpa da súa nova fichaxe, Cheikhouna Kané, que perdía os nervios pero sae a dar a cara e pedir perdón.

 

Familia ACB

3ª División Sénior Masculino

  • Resultado: ACB COSTA DA MORTE – XERION (40-47)
  • ACB: Manuel, Nefri, Déril, Tinin e Jose. Tamén; Diego, Alfredo, Gonzalo e Sergio.

Despois de dominar o partido desde o principio, o equipo ceense tirou ao traste todo o traballo nun mal ultimo período. A primeira parte foi dominada polo equipo local que saíu moi enchufado e con gran acerto desde a liña de tres puntos. Así chegaríase o descanso cunha renta de cinco puntos a favor.
Trala reanudacion e defensa seguiu a ser boa pero o cansazo comezada a notarse e aínda que o equipo seguía dominando o partido a renda xa só era de tres puntos o final o terceiro cuarto. A partir de aí os múltiples erros no pase e sobre todo o enorme acerto do equipo visitante, que tiña mais dominio a priori na zona, anotando tres triplas consecutivas, o porían por diante no marcador. Os intentos de volver a poñerse por diante dos ceenses foron inútiles, non conseguiron anotar con facilidade nos últimos minutos e acabaron perdendo nun doloroso final un partido que tiñan na súa man

2ª División Sénior Feminina

  • Resultado; BALONCESTO DO LEA – ES BAZARRA ACB (68-31)
  • PARCIAIS: 23-10/25-5/13-6/12-10
  • ES BAZARRA: Sandra (11), Fani (9), Andrea (3), Esther (2), Yaiza(2), María (2), Sabela (2) e Lara.

Regular partido do equipo sénior que se enfrontaba na tarde do domingo en Lugo o subcampión da categoría. Partido sen historia xa que as costeiras non puideron facer nada ante o equipo lucense moi superior, que conseguiu anotar de tres puntos ata nove veces. Malia derrota bo partido das sénior, que deixaron boas pinceladas en defensa. Se poñen 1-1 e se asentan na zona media da táboa nunha difícil categoría.

2ª División Junior masculino

  • Resultado: CE CUME CEE – LICEO LA PAZ (55-35)

O equipo da costa comezou o partido errático, sen marcar as xogadas con calma e subidos de revolucións, pero ao igual co seu rival, así que os primeiros minutos foron de tanteo.
Para o segundo cuarto os locais mostraron o seu mellor nivel e conseguiron despegarse no marcador pero o Liceo grazas o acerto desde a liña de 6’75 conseguía meterse no partido chegando o descanso cun axustado (29-23).
Tralo descanso apareceu o mellor equipo na pista e grazas a unha defensa intensa e con múltiples contras que acababan en canastas fáciles e dúas triplas consecutivas de Cristian Vazquez os facían despegar definitivamente do marcador, ata rondar unhas diferenzas de 15-20 puntos cara o final do partido. Espectacular xogo dos júnior, son líderes da súa categoría con dúas vitorias en dous partidos.

2ª División Junior Feminina

  • Resultado: ACB COSTA DA MORTE – SANTO DOMINGO DE BETANZOS (48-13)

Vitoria clara das júnior que comezan a temporada de maneira inmellorable. Na tarde do sábado xogouse un partido onde so se presentou un equipo, o ceense. Desde o principio os de Betanzos dado a súa pouca experiencia na categoría prantexaron un partido duro e de moita defensa apoiados por unha grada que non parou de intentar influír no comportamento dos árbitros. Pese a iso as rapazas non se sentiron amedrentadas e dominaron o partido de principio a fin grazas o impecable partido de todas. Cunha gran defensa e correndo rápido o contraataque.

2ª División Cadete masculino

  • Resultado: ACB COSTA DA MORTE - MARISTAS CORUÑA (91-23)

Nada puderon facer os cadetes na súa estrea na categoría. A enorme envergadura do equipo coruñés e o seu bo xogo valéronlle de sobra para inflixir unha dura derrota o equipo local que tivo moitas perdas de balón no seu campo. O equipo aínda esta en constución e mediuse o quizais mellor equipo da categoría, toca seguir adestrando.

2ª División Infantil masculino

Infantís do ACB Costa da Morte
  • Resultado: FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE – BASQUET XIRIA (21-69)
  • Parciais: (7 -20; 4 - 22; 3 - 14; 7 - 13)
  • ACB COSTA DA MORTE: Lois, 4 ptos; Adrián, 3 ptos (1 tripla); Guillermo, 1 pto; Miguel, 2 ptos; Alvaro, 5 ptos – quinteto inicial- Fran, 0 ptos; Alex, 2 ptos; David, 0 ptos; Marcos, 2 ptos; Ramiro, 2 ptos.

Primeiro partido para o novo equipo infantil do Acb Costa da Morte na súa casa ante un equipo máis rodado como é o do Xiria. O equipo de Ferroatlántica Acb Costa da Morte pagou cara a súa inexperiencia, tendo en conta que é un equipo no que hai varios xogadores que era o seu primeiro partido de baloncesto, co que os nervios mandaban mais que a concentración necesaria para afrontar un encontro.

 

Familia Artai

2ª División Junior Masculino

Os Junior do Artai ante o Basquet Coruna
  • Resultado: Culleredo - Artai (141-27).
  • Parciais: 25-09 / 28-07 / 47-05 / 41-06
  • Artai: Viña 5 (1 triple) Pozas 4 (1 triple) Pena 6 Santi Rey 4 Iván Cancela 2 Javi Gil 2 e Marcos Guiance 4.

Dolorosa derrota dos carballeses que aguantaron o primeiro cuarto pero acabaron sufrindo unha dura cifra no segundo período.

 

Familia Xiria

  • Resultado: Carballo a un paso - Leyma Basquet Coruña (55-54)
  • Basket Xiria (55, 15 + 16 + 11 + 13): Héctor, Sergio Tomé (8), Roi (3), Luis Gómez (8), Pablo Moreira -inicial- Javier Argüelles (11), Jorge Guillamet (4), Fran Cristóbal (2) e José Tato (19).
Kane pediu desculpas a familia Xiria

Unha tripla do base Roi deu o triunfo ao Basket Xiria ante o Leyma Basquet Coruña (55-54) a falta de tres segundos e nove décimas para finalizar o trepidante encontro de Primeira División Nacional de baloncesto. A baixa por sanción de dous encontros do pívot senegalés Kane foi liquidada polos xogadores de Basilio Pampín a base de moito traballo colectivo. Tiveron un final de infarto, e gañaron.

Precisamente, un dos protagonistas, sen estar na pista, era o recente fichaxe carballés, Cheikhouna Kané que no anterior partido da 1ª División Nacional entre o Carballo a un Paso e o CDR Ferrol, era expulsaldo. A xunta directiva celebrou o mércores unha reunión co primeiro equipo e decidiu, á marxe das medidas disciplinarias que poida adoptar, aceptar as desculpas do xogador. Cheik Kané amosouse sinceramente arrepentido, e así o quere transmitir non só á xunta directiva, senón tamén aos seus compañeiros, socios e afeccionados, a través dunha emotiva carta.

A Escola Xiria en Ponteceso

A Escola Municipal de Baloncesto de Ponteceso acaba de botar a andar e xa reborda actividade. A campaña de captación realizada pola Concellería de Deportes co apoio técnico da Escola Basket Xiria resultou todo un éxito, de xeito que xa hai 52 nenos e nenas que practicarán baloncesto este curso. O vindeiro 2 de novembro será a oportunidade de velos en acción por primeira vez, coincidindo co torneo de presentación da Escola Municipal, que exercerá de anfitrioa nun cuadrangular no que tamén participarán a Escola Basket Xiria de Carballo, a Escola Municipal de Baloncesto de A Laracha (Embal) e o Dominicos de A Coruña. Equipos benxamíns, alevíns e infantís competirán no pavillón municipal dende as 10.30 ata as 17.45, hora na que se celebrará o acto de clausura. Coa incorporación da Escola Municipal de Ponteceso o baloncesto segue a medrar na comarca de Bergantiños. O obxectivo a medio prazo é poder formar equipos para que os nenos e nenas poidan competir e que o proxecto se consolide, ademais de fomentar hábitos de vida saudables e a igualdade de xénero a través da práctica deportiva.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • ACB Costa da Morte, Basket Xiria e Artai.

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • ACB Costa da Morte, Basket Xiria e Artai.