Fran Pioto analízanos a actualidade do fútbol sala

Fran non necesita presentación, pois é un dos clásicos do deporte costeiro. A súa traxectoria como futbolista é de todos coñecida, pero aínda máis meritorio é o seu traballo no fútbol sala á fronte do Fisober. Algún día darémoslle o mérito e recoñecementos que se merece. Charlamos con el e fíxonos unha radiografía do estado do fútbol sala, de actualidade por moitos motivos, dende a incorporación á Federación Galega de fútbol, ata a convocatoria de 4 nenos costeiros para a selección galega benxamín.  Sobre o equipo que dirixe, o Fisober, comentounos isto: "a tempada co Fisober vai como esperábamos a nivel resultados, o primeiro equipo sabíamos que ía ter una tempada difícil polo o cambio de grupo (pasamos do grupo 1,zona norte de España para o grupo 4,zona centro) e o equipo que temos, con nenas moi novas e sin casi experiencia en nacional fai que suframos moito máis para ganar partidos, xa que o nivel medio que teñen os equipos da zona de Madrid e superior o do norte de España, pero bueno, eu confío en que a segunda volta vai ser moito mellor, a pesar dos últimos resultados o xogo do equipo esta mellorando e con un pouco de sorte e aproveitar as ocasión de gol que xeramos sacaremos moitos máis puntos nesta segunda volta, estou convencido" O traballo que están a facer en fútbol sala base é encomiable. "Os equipo de base van vento en popa a toda vela. Temos un grupo de nenas infantís que xa están alternando o filial de 1ª Galicia co seu equipo na Liga galega infantil e que están mellorando moito, e despois esta o equipo alevín que é mixto  e outro só feminino que non compite, polo tanto temos arredor de 30 nenas e 8 nenos que actualmente forman a estructura do club" En canto a adestradores, a familia do Fisober vai en aumento: "a base está adestrada por Ana Mouzo e Dani Costa, que ademáis son os seleccionadores da costa benxamíns e que están facendo un gran traballo, sen olvidarnos de Carlos Carballo e Mauro Lema que adestran ó filial e Luis Sambad que habitualmente traballa coas porteiras"
Fran é un experto no fútbol sala de base, e dende logo o traballo na canteira é o pilar fundamental onde se asentarán futuros éxitos. "Na costa estase perdendo traballo na base, antes había moitos máis equipos, a liga infantil prácticamente desapareceu e as benxamíns e alevín cada vez teñen menos equipos. A nivel dos clubs hai moitas diferencias entre uns e outros, algúns priorizan o fútbol sala e traballan ben os conceptos técnico-tácticos e preocúpanse por saber as reglas do xogo e outros veno máis como una actividade complementaria ó fútbol e inscriben os seus equipos para que compitan outro dia a semana, é este é un punto a mellorar" Co curso de monitor de base de Dumbría que se celebrará en febreiro seguro que na Costa da Morte melloramos en formación neste tema. Sobre o que comenta Fran da dicotomía entre fútbol e fútbol sala, opina que "cada dia o fútbol e o fútbol sala de base parécense máis, non temos máis que ver as dimensións do campo, o tamaño dos balóns e incluso o modelo de zapatillas, cada dia teño máis claro que a practica de ambas disciplinas e beneficioso para a formación técnica e táctica do nen@. Durante una tempada hai tempo para todo, os clubes poderían ter fútbol sala e fútbol e todos  ganaríamos en cantidad e calidad, sería cuestión de preguntarnos os clubs, monitores e país, que queremos? formar ou competir? se escollemos formar daría tempo para todo, se escollemos competir pois así nos vai"
Por último, o tema de actualidade é a convocatoria de 4 nenos na selección galega benxamín: Pablo Costa do Fisober, Iago Insua e Manuel Estévez do Concello de Fisterra e Javier Blanco das EDM Malpica. " No tema seleccións galegas, calquera dos 4 nenos ten un nivel máis que aceptable para formar parte da selección, no caso de Javi é de Malpica e esta adestrado por María, polo tanto ten conceptos de fútbol sala, no caso de Pablo, é un neno que ten unas condicións moi boas e o estar xogando con nos pois tamén se lle inculcan os conceptos técnicos como pode ser parar o balóns de planta que é fundamental no fútbol sala e despois tanto Iago como Miguel, pois que che vou decir, son fisterráns e teñen esa vena competitiva que só teñen os de Fisterra, e Fran, o seu monitor está a traballar moi ben con eles" O traballo non acaba aquí, como nos di Fran: "a selección alevín da costa tamén empezou a adestrar e probablemente algún dos integrantes vaia a algún adestramento ca selección galega alevín, xa que o nivel é alto. Outra selección que empezara en breve é a infantil, ainda que aquí si que xa estamos máis xustos de nenos, xa que so podemos contar con nenos de 6 equipos, pero sin duda tamén se fara una selección competitiva. Tanto a selección alevín como a infantil disputaran o campeonato galego o 10 de febrero, ali estarán presentes o seleccionadores galegos de ambas categorías e esperemos que algún poda formar parte de selección galega e poida disputar un campeonato de España. Esto non sería posible sin a creación da delegación en Baio e a implicación que esta demostrando a RFGF co fútbol sala, de feito este ano podemos disfrutar de 3 campeonatos de España en Galicia, a fase sector sub 21 femenina en Redondela o 27 e 28 de xaneiro, o sub 17 femenino en Burela do 6 ó 11 de febrero e o infantil feminino con sede por confirmar a finais de maio, en todas estas categorías temos xente da costa adestrando e quen sabe si convencendo os diferentes seleccionadores para entrar na lista final"